Óscar Becerra
Director de La Fábrica
El papel de la IA en los sectores culturales y creativos | O papel da IA nos sectores culturais e creativos
Editor por vocación y gestor de empresas por imperativo moral. Ha conseguido convertir una afición en oficio al menos dos veces en su vida.
La primera vez fue en 1989 y duró 30 años. Como periodista, fundó seis medios, algunos tan indecentes como divertidos y otros más dignos como S Moda o Quo. Fue director de 5 revistas, entre ellas dos femeninas de moda. Y editor de una veintena, entre otros Paris Match, Photo, ICON, Retina, Tentaciones, Téle7Jours, El País Semanal, Woman o Tiempo.
La segunda vez fue en 2019, cuando Alberto Anaut y Alberto Fesser le propusieron unirse a La Fábrica. Desde entonces, se levanta cada día con el propósito de impulsar la cultura, divertirse y cambiar el mundo. No le importaría continuar así otros 30 años.
En sus ratos libres, es patrono de Xaley, una ONG que desarrolla proyectos para frenar el abandono escolar femenino en África y profesor de gestión de empresas en la Universidad Villanueva.
Editor por vocación e xestor de empresas por imperativo moral. Conseguiu converter unha afección en oficio polo menos dúas veces na súa vida. A primeira vez foi en 1989 e durou 30 anos. Como xornalista, fundou seis medios, algúns tan indecentes como divertidos e outros máis dignos como S Moda ou Quo. Foi director de 5 revistas, entre elas dúas femininas de moda. E editor dunha vintena, entre outras Paris Match, Photo, ICON, Retina, Tentaciones, Téle7Jours, El País Semanal, Woman ou Tiempo. A segunda vez foi en 2019, cando Alberto Anaut e Alberto Fesser lle propuxeron unirse a La Fábrica. Desde entón, érguese cada día co propósito de impulsar a cultura, divertirse e cambiar o mundo. Non lle importaría continuar así outros 30 anos. No seu tempo libre, é patrón de Xaley, unha ONG que desenvolve proxectos para frear o abandono escolar feminino en África e profesor de xestión de empresas na Universidade Villanueva.
